45.000 escolares de primaria e secundaria terán libros de balde

Os libros son para os estudantes

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Os rapaces que cursen sexto de primaria e segundo de secundaria poderán ter os libros de texto de xeito gratuíto. Son os cursos estabelecidos pola Consellaría de Educación para acollerse ao programa instaurado o curso pasado e que afecta a uns 44.825 estudantes. O procedemento para acollerse a esta medida é similar ao xa empregado: os pais reciben unha autorización do centro cos datos do estudante e os libros que lle farán falla. Unha listaxe que entrega na libraría que é a que envía os libros ao centro para que o profesorado os reparta nas clases. Uns libros que logo se quedan no centro para ser empregados o vindeiro curso.

Máis información en El Correo Gallego e na Consellaría de Educación

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Secundaria, Educación, Consellaría de Educación, El Correo Gallego