Xunta e Universidades promoven Parques Científico-Tecnolóxicos para potenciaren a investigación académica

Parques en presente

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
Onte foi día de xuntanzas nas universidades galegas. Dunha banda, reuníronse os reitores para impulsaren o Consorcio do Parque Científico-Tecnolóxico Universitario de Galicia. Nomeouse a Senén Barro como primeiro Presidente do organismo e a Fernando Vázquez, director da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación de Vigo, como director xeral. O obxectivo do Consorcio é “potenciar a creación de tecnoloxía e crear un espacio físico de xestión que permita explorar o potencial dos grupos universitarios de investigación, así como crear e dispor dunha imaxe de marca común”. Por outra banda, o Conselleiro de Innovación, Juan Rodríguez Yuste e o director xeral de I+D, Pedro Merino, mantiveron unha primeira toma de contacto coas Universidades galegas, analizando co reitor da USC, Senén Barro, a “viabilidade da implantación dunha infraestructura vencellada a actividades punteiras e de investigación na que se ubicarían empresas de vangarda e alta tecnoloxía” e “intercambiar impresións sobre a posible creación en Galicia dun Parque Científico-Tecnolóxico”.

Máis información en El Correo Gallego e no DUVI.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tecnoloxía, Vigo, USC, El Correo Gallego

Claves

Conceptos
Lugares