A Xunta anuncia apoios especiais para os grupos de investigación máis competitivos

Competición en desenvolvemento

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
Os grupos de investigación das Universidades que presenten unha maior competitividade poderán a acceder a axudas especiais por parte da Xunta. Estas medidas fan parte do Programa de Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas, que apoiará cuestións coma a contratación de persoal, o impulso de redes ou a redución de horas de docencia a prol da investigación. O presidente Touriño anunciaba onte esta medida na toma de posesión de Senén Barro como reitor da Universidade de Santiago.

Máis información en El Correo Gallego e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con El Correo Gallego, Culturagalega