Como todos os anos, FITUR convértese nun escaparate para coñecer as novas campañas turísticas emprendidas polas diferentes administracións galegas e os vídeos promocionais son un acceso rápido para comprender os valores e principios das campañas. Porén, a súa propia utilidade parece estar en entredito polos cambios e as modas na comunicación turística. Moitos dos usados nas presentacións de Fitur non son doados de localizar nas canles das institucións promotoras, ou non forman parte, polo momento, de campañas institucionais nas canles oficiais conectadas con medios sociais. As críticas á turistificación, crecente nos últimos anos, parecen ter impactado na ambición das propias mensaxes e plans turísticos das entidades galegas, moito máis contidas e centradas no retorno de visitantes ou na continuidade con liñas de traballo mantidas desde hai anos.
Aínda que nesta diversidade de institucións promotoras de ámbito autonómico, provincial, local ou comarcal hai, como é lóxico, mensaxes moi distintas, no conxunto das mensaxes pódese apreciar algunhas liñas comúns, como determinados valores que apelan á continuidade, ao retorno ou a un turismo de 'pequena escala', como a campaña da Xunta, 'Galicia, terra acolledora' -co que tamén o Goberno galego quere responder ás polémicas do verán pasado ao redor do turismo invasivo, exemplificadas no termo 'fodechinchos'- ou a de Turismo Rías Baixas, a entidade provincial de turismo de Pontevedra, con 'Cando volves?'. Este último, como é habitual, o vídeo de mellor factura visual de todo o conxunto.
Outras campañas profundizan en liñas de traballo das institucións, como a Deputación da Coruña na promoción do Xeoparque de Ortegal, ou o Inorde -o ente provincial de turismo de Ourense- que promociona a Vía da Prata, a Xunta coa promoción do turismo termal.
Pola súa banda, as grandes cidades galegas apostaron por perfís ben distintos. A Coruña presentou o que é sen dúbida o vídeo máis singular dos presentados en FITUR este ano por Galicia: 'A Coruña Ao Noroeste do Oeste', un vídeo promocional dirixido por Javier Veiga, quen o protagoniza canda Xosé Antonio Touriñán, imaxinando en clave de humor a cidade coma un western. Pola súa banda, Vigo aposta en 'Vigo, una ciudad única en el mundo' por rostros coñecidos para amosar facetas da cidade, e Compostela enfatiza en 'Compostela con tempo, Santiago con todo', un turismo de 'diversidade' en coherencia con outras políticas municipais e coa intención de motivar unha estancia máis prolongada na cidade. O concello de Ferrol enfocouse nas oportunidades do territorio municipal como 'plató de cine', apoiados no éxito da serie 'Rapa'. Rechamante por pouco habitual é a atención prestada ao turismo de idade madura na campaña de Valdeorras "Terras que saben".
Vídeos galegos presentados en FITUR que foron localizados
Pedimos desculpas pola heteroxeneidade dos reprodutores e das fontes das que son tomados os vídeos.
XUNTA DE GALICIA
Galicia, tierra acogedora
Galicia, Turismo Termal
TURISMO RÍAS BAIXAS
Cando volves?
INORDE
Vía da Prata
ASOCIACIÓN RDA VALDEORRAS
Valdeorras, terras que saben
DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A Coruña, paisaxe que sabe
Somos Xeoparque
CONCELLO DA CORUÑA
A Coruña Ao Noroeste do Oeste
CONCELLO DE SANTIAGO
Compostela con tempo, Santiago con todo
TURISMO DE VIGO
Vigo, una ciudad única en el mundo
CONCELLO DE FERROL
Ferrol de Cine