Cando unha inauguración dun monumento é máis que unha inauguración

O CCG publica a colección de documentos ao redor da inaguración da primeira estatua de Castelao en Rianxo

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Acto de inauguración da escultura.

Acto de inauguración da escultura.

Hoxe en día Castelao é unha figura emblemática e moi coñecida en Galicia, pero no ano 1975, con Franco aínda vivo, a situación era moi distinta. O Consello da Cultura Galega publicou dentro dos seus contidos especiais en conmemoración do Ano Castelao o especial "A inauguración da estatua de Rianxo (1975)", no que se publica unha escolma da documentación vinculada á inauguración da estatua que, no ano 1975, foi promovida polo Patronato da Cultura Galega de Montevideo, coa organización levada a cabo por unha comisión local formada por galeguistas do interior. Os documentos permiten coñecer as longas xestións do Patronato tentando conseguir autorización das autoridades franquistas para a instalación da estatua, pero tamén as discrepancias, disensións e tensións entre o galeguismo e o nacionalismo político do interior e as comunidades da diáspora, que deron lugar a polémicas e a notables ausencias, como Domingo García Sabell ou Ramón Piñeiro da inauguración, aínda que si estiveron presentes moitas outras figuras como Valentín Paz Andrade. A comisión organizadora estaba presidida polo doutor Agustín Sixto Seco. Para Sixto Seco, naquela altura, a estatura era a primeira erixida en homenaxe a un exiliado morto no estranxeiro trala Guerra civil. O acto de homenaxe acompañou un discurso de Ramón Otero Pedrayo, de aquela xa considerado o petrucio da cultura galega, do que tamén se pode ler o discurso.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Rianxo, Ramón Otero Pedrayo, Valentín Paz Andrade...