A reducción orzamentaria do Auditorio afecta ó Compostela Millenium

A resaca do millenium

Estamos a piques de rematar o Ano Europeo da Cultura. E co seu peche volverá a caer a calidade e a cantidade da programación que durante un bo período de tempo, primeiro polos Ano Xacobeo e logo pola Capitalidade Cultural, trouxo a Santiago espectáculos de primeiro nivel.

Bo plantel


Dende que en 1998 se creara o Millenium Compostela Festival, por Santiago pasaron nomes de recoñecido prestixio no ámbito da música y el teatro, pero también las ideas. Un diálogo cultural completamente novidoso que trouxo a Santiago a nomes como Trevor Pinnock dirixindo ó The English Concert no campo da música ou a Angeles Mastretta, Carlos Castilla del Pino, Felipe González e Rigoberta Menchú. Un panorama moi destacado que trouxo representacións de diferentes países do mundo.


Reducción de orzamento


Ata agora a fórmula que mellor funcionou no último bienio (do ano Xacobeo 99 e da Capitalidade Cultural Europea) foi recurrir ó financiamento privado de actividades públicas. Unha fonte de ingresos que aportaba arredor do 60% á programación. Por iso no 2001 ó non contar con esta cantidade incidirase na calidade e na cantidade dos espectáculos programados. Neste sentido, o presuposto do Auditorio compostelán reducirase de 1.200 a 500 millóns. Un recorte que evidencia que moitas das actividades non se poderán celebrar. De momento, o máis afectado é o Compostela Millenium, aínda que se descarta que se reduza a programación a un único mes.