O Museo de Belas Artes estrea as exposicións de pequeno formato con Zuloaga

Amósanse dous retratos femininos en colaboración co Centro Reina Sofía

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Retrato da señora Malinowska, a Rusa (París, 1912) e Antonia a galega (París, 1912), de Ignacio Zuloaga. Foto: Museo de Belas Artes da Coruña / Museo Reina Sofía

Retrato da señora Malinowska, a Rusa (París, 1912) e Antonia a galega (París, 1912), de Ignacio Zuloaga. Foto: Museo de Belas Artes da Coruña / Museo Reina Sofía

O Museo de Belas Artes da Coruña inaugurou a exposición "Convidadas: dúas miradas de Zuloaga" na sala 5 do museo, onde se atopa a pintura galega do XIX e primeira década do XX. Con ela "ábrese un novo ciclo de exposicións de pequeno formato co que coñecer obras procedentes doutros museos e coleccións españolas". Non ten, por tanto, unha montaxe totalmente diferenciada, senón que se integra na colección permanente do museo, para "reforzar aspectos representados nesta sala", coma o coñecemento de mulleres pintoras, o tratamento da imaxe da muller a inicios do século XX. Ademais, "o ámbito xeracional de Zuloaga permite relacionalo con pintores galegso cuxas interpretacións e caracterizacións do feminino acompañan a exhibición das dúas obras convidadas". A exposición presenta dúas obras pertencentes ao Reina Sofía, o Retrato da señora Malinowska, a Rusa (París, 1912) e Antonia a galega (París, 1912), de Ignacio Zuloaga (1870-1945). Segundo o museo, "son exemplos do seu amplo labor como retratista, no que conflúen tendencias das vangardas parisienses con evocacións da retratística de Velázquez ou Goya". Os cadros pódense visitar ata o 23 de febreiro.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Belas Artes, Exposicións, Museos, Mulleres...