O último afiador volve aos camiños

Un documental sobre este singular oficio pódese ver en liña no web do CCG

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Fotograma do documental

Fotograma do documental

Como parte dos contidos de celebración do Día internacional do Patrimonio Mundial, o Consello da Cultura Galega publicou, cortesía da produtora Boneca Lareta, o documental O último afiador. Dirixido e guionizado por Aitor Rei, o documental narra a "vida errante dos afiadores, contada polos seus propios protagonistas". O documental ten unha hora de guionización, e incorpora dramatizacións, declaracións de afiadores e das súas esposas, así como documentación gráfica histórica, na que se describen as vidas e os itinerarios destes comerciantes ambulantes. O documental foi estreado en 2015 e estará dispoñible no web da institución durante todo o mes de novembro.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Consello da Cultura Galega, Medios de comunicación