'Traballar coma un galego': un documental sobre a construción da paisaxe do Douro

É unha coprodución entre a RTP e a TVG

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Fotograma do documental

Fotograma do documental

A Radio Televisión Portuguesa (RTP) e a Televisión de Galicia (TVG) continúan na súa liña de coproducións co documental "Galegos D'Ouro", estreado a semana pasada e que hoxe está dispoñible de xeito completo no web da RTP. Dirixido por Arminda Sousa, o documental céntrase no gran número de traballadores galegos que contribuíron a construír a paisaxe do viño das ribeiras do Douro desde o século XVIII, incluíndo a construción dos socalcos, das adegas, das prantacións e das vendimas ata facer del o escenario que hoxe é Património Mundial da Humanidade. O documental inclúe entrevistas a diferentes expertos como Camilo Fernández Cortizo, José António Souto Cabo, Ramón Villares, Natália Fauvrelle ou Evaristo Rodríguez.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Ouro, Paisaxe, TVG...