Eva Mejuto faise co VIII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa

A autora recibirá 3.000 euros pola súa novela Onde caben catro

A autora recibirá 3.000 euros pola súa novela <i>Onde caben catro</i>
Eva Mejuto. Fonte: Web do Iescha
O Auditorio Municipal de Vilalba acollía este 28 de outubro o acto no que se deu a coñecer o fallo do VIII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade. A novela Onde caben catro valeulle a Eva Mejuto facerse con este galardón, organizado polo Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), o Concello de Vilalba e Edicións Xerais e dotado con 3.000 euros en metálico e a publicación da obra.

O traballo impúxose entre as vinte obras presentadas nesta xeira por "poñer en valor os animais de compañía como parte da vida familiar". O xurado destacou ademais o "papel decisivo" do humor na narración e o uso de dúas voces que corresponden aos cans protagonistas, o que da obra "nun libro interesante para a educación literaria dos máis pequenos".

No mesmo acto fíxose entrega do premio da anterior edición do certame a Andrea Barreira Freije polo seu traballo Quen precisa unha avoa?.