Reconstrúen a apariencia da igrexa de Sar no século XIII

O proxecto foi realizado pola Arcebispado e a Catedral de Santiago

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Colexiata de Sar. Foto: Fundación Catedral de Santiago

Colexiata de Sar. Foto: Fundación Catedral de Santiago

A igrexa de Sar, en Santiago de Compostela, conta hoxe cuns característicos enormes arbotantes que sosteñen a igrexa de orixes medievais. Son consecuencia da inestabilidade estrutural do edificio, situado sobre un terreo de ribeira próximo ao propio curso fluvial do Sar. A Fundación Catedral de Santiago vén de presentar unha ollada virtual ao edificio no século XIII, sen as adicións e transformacións posteriores. O proxecto, dirixido por Ramón Yzquierdo Peiró e Victoriano Nodar, permite obsservar a primitiva fachada románica cos seus tres rosetóns ou o seu falso triforio, así como o edificio seus os seus característicos arbotantes actuais.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sar, Catedral, Catedral de Santiago, Ramón Yzquierdo...