Galaxia publica unha compilación de textos curtos de Luísa Villalta

En 'Formas breves do pensamento' inclúense escritos inéditos da autora coruñesa

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:
Galaxia publica unha compilación de textos curtos de Luísa Villalta

A Editorial Galaxia ven de sacar do prelo unha nova publicación que se engade ao corpus da autora homenaxeada neste 2024 co Día das Letras galegas. Publicado na colección Literaria, 'Formas breves de pensamento', de Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004), é unha publicación que compila textos curtos do seu legado literario maiormente inéditos. O filólogo e crítico literario Luciano Rodríguez presenta esta edición enriquecida coas ilustracións de Alfonso Costa e Carolina Rouco. Nela reúnense ao longo das súas 124 páxinas, palabras destiladas ao máximo en forma de aforismos, haikus, reflexións e breves poemas, nas que resulta visible como Villalta entendía a literatura como unha das artes da sedución.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luísa Villalta, Literatura, Día das Letras Galegas, Editorial Galaxia

Claves

Protagonistas
Entidades