O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades daba a coñecer este 17 de outubro o fallo dos Premios Nacionais de Investigación. Entre a listaxe de persoas galardoadas atópanse dúas investigadoras nadas en Galicia e unha terceira de Valladolid que desenvolve a súa carreira na Universidade de Santiago de Compostela. As tres recibiron cadanseu galardón nas categorÃas para xente nova, de ata 40 anos, que recoñecen "logros relevantes nas primeiras etapas das súas carreiras".
Cada un dos premios, considerados os recoñecementos máis importantes de España no ámbito da investigación cientÃfica, está dotado con 30.000 euros. Cristina Blanco, investigadora Distinguida Sénior na Universidade da Coruña, obtivo o recoñecemento na Modalidade MarÃa Moliner, que distingue proxectos de Humanidades. O xurado apuntou a súa "excelente carreira cientÃfica en Historia Contemporánea", a destacar a súa "traxectoria no ámbito internacional e os seus recoñecidos estudios sobre o proceso de integración europea".
Verónica Bolón, profesora Titular de Universidade no Departamento de Ciencias da Computación e TecnoloxÃas da Información da Universidade da Coruña e investigadora no Centro de Investigación TIC (CITIC), recibiu á súa vez o galardón na Modalidade MarÃa Andresa Casamayor, en Matemáticas e tecnoloxÃas da información e das comunicacións. O fallo sinala "o seu excelente traballo en múltiples áreas da aprendizaxe automática, destacando a investigación para a promoción da sustentabilidade da intelixencia artificial, con clara aplicación social, usando os seus algoritmos de selección de caracterÃsticas para o diagnóstico de enfermidades ou a detección de verteduras no océano.
Finalmente, a valisoletana Beatriz Pelaz, profesora titular da Universidade de Santiago de Compostela, onde codirixe o grupo BioNanoTools obtivo o premio na modalidade Felisa MartÃn Bravo, en Ciencias FÃsicas dos materiais e a terra. O xurado apunta que "foi premiada pola excelencia e calidade do seu traballo, con marcado recoñecemento internacional, e polo seu liderado e independencia cientÃfica no ámbito dos nanomateriais avanzados con aplicacións terapéuticas. Na súa investigación destacan o control das propiedades fisicoquÃmicas dos materiais para determinar o seu comportamento biolóxico e o desenvolvemento dunha nova tecnoloxÃa para a modificación da superficie de nanopartÃculas mediante o uso de origamis de ADN".