Co tÃtulo Somos Criminais e punto final Carlos Blanco e José Antonio Touriñán anunciaban este 2 de outubro a derradeira entrega da serie de espectáculos humorÃsticos que conseguiu un éxito sen precedentes na escena galega. A partir do 1 de novembro o dúo iniciará unha xira que os levará por todo o paÃs da man da produtora Ainé.
Con dirección de Tito Asorey e textos de José Prieto e dos propios actores, a proposta pon os protagonistas ao mando dunha misión espacial moi particular: cando falta pouco máis dunha hora para a fin do mundo, a nave Arteixo II está a piques de saÃr a un planeta onde unhas poucas persoas elixidas iniciarán unha nova vida. Segundo explica a produtora, "os capitáns da nave, Carlos Blanco e Touriñán, son os encargados de que a evacuación se leve a cabo con éxito e de meter nesta Arca de Noé galega todo o noso patrimonio humano, material e inmaterial máis prezado, para que a nova terra á que emigraremos siga sendo criminal".
A estrea do espectáculo desenvolverase o vindeiro 1 de novembro no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, e continuará por VilagarcÃa (8 e 9), Cangas (16), Ourense (22 e 23), Lugo (29), Burela (30), Vigo (20 e 21 de decembro), A Coruña (28 a 30) , Pontevedra (11 de xaneiro) e Narón (17 e 18 de xaneiro). As entradas están xa á venda no web do espectáculo.
Somos Criminais naceu como espectáculo escénico en 2018 e conseguiu vender máis de 50.000 entradas ao longo da súa xira. En 2020, a coincidir coa pandemia, a montaxe retransmitiuse en liña nun innovador formato para a escena galega. En 2021 o dúo Blanco-Touriñán lanzou Somos Criminais 3, segunda entrega dunha triloxÃa que fecha agora.