Somos Criminais volta cunha única función en liña

O espectáculo de Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán poderá seguirse desde a casa a partir das 22:30 horas do sábado 6 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Somos Criminais volta cunha única función en liña

Este sábado seis de xuño Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán levan de novo a escena o seu espectáculo Somos Criminais. A montaxe, que presume de ser a de maior éxito na escena galega, con máis de 50.000 entradas vendidas desde a súa estrea, volta nun único pase que se retransmitirá a través da rede. A produción ten á venda 5.000 pases a 5 euros cada un, co que os espectadores recibirán un contrasinal que lles permitirá acceder á emisión a partir das 22:30 horas. A obra, que mantén o texto orixinal de José L. Prieto, incluirá referencias a actualidade e será gravada sen público de xeito previo á emisión.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Blanco, Espectáculo, Escena Galega

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos