R faise co premio Xulio Dans polo uso social do galego mentres o BNG reclama unha nova fórmula de promoción da lingua

Premios e propostas para a lingua

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A área de normalización lingüística do Concello de Oleiros outorgou a R o premio Xulio Dans polo uso social do galego que foi convocado este ano por primeira ocasión. Ademais da empresa de telecomunicacións, tamén recibiu o galardón a perruquería Naia dentro das empresas radicadas no concello. Por outra banda, o Bloque Nacionalista Galego reclamoulle á Xunta a confección dun decálogo da lingua galega a semellanza do modelo implantado en Valencia a prol da normalización lingüística. Para os nacionalistas, estas normas estabelecen criterios claros na implantación do idioma en cooficialidade co castelán e son “perfectamente aplicábeis ao caso galego”.

Máis información sobre o premio Xulio Dans en La Opinión; sobre a proposta do BNG na edición de hoxe de El Progreso

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con BNG, Normalización Lingüística, Lingua galega, Bloque Nacionalista Galego...