O Concello de Pontevedra ultima a súa ordenanza sobre normalización e propón unha rede de Asociacións Amigas da Lingua

Amigos da lingua en Pontevedra

23/6/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Como unha das primeiras actuacións de cara á posta en marcha da Ordenanza sobre Normalización Lingüística, o Concello de Pontevedra propuxo onte a creación dunha Rede de Asociacións Amigas da Lingua. Este colectivo estará formado por varias asociacións e pretende implicar a sociedade local na implantación do noso idioma. A ordenanza, que o Concello quere aprobar no vindeiro mes, prevé crear un consello sobre este tema no prazo dun ano, e redactar un plan de normalización nos vindeiros vintecatro meses.

Máis información na edición de hoxe de Diario de Pontevedra; o plan de normalización do Concello de Santiago

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Asociacións, Concello de Pontevedra, Normalización Lingüística...