O Festival de Cans crea unha 'asemblea de nenos'

O evento crea un instrumento específico para recoller as demandas da cativada

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
A Asemblea de nenos de Cans

A Asemblea de nenos de Cans

O Festival de Cans constituiu unha nova ferramenta de participación da comunidade: a Asemblea de Nenos. A el concorreron unha vintena de nenos da aldea con idades entre os 8 e 16 anos, co obxectivo de dar a súa opinión ao redor da programación do festival. A asemblea pediu unha sección de cine de animación específica para nenos, máis contidos fantásticos, así como máis actuacións musicais e cursos de formación audiovisual. Pero os nenos en cans tamén traballan como "guías dos camiños" e vanse integrando na estrutura da organización. "Agora mesmo hai sobre 15 rapaces que naceron co festival e que, desde que cumpriron 18 anos, son contratados para asumir diversas funcións como control de acceso ás salas, produción, rexiduría de espazos ou coordinación de diversas actividades", sinalan desde o Festival.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Festival de Cans, Animación, Cine

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares