O MUMI reúne 12 propostas musicais actuais de Galicia e Portugal para público profesional e aberto

Celebrarase entre Tui e Valença entre o 12 e o 15 de setembro

Celebrarase entre Tui e Valença entre o 12 e o 15 de setembro
Ruxe Ruxe actúa no MUMI
A quinta edición do MUMI, o encontro profesional de música de Galicia e Portugal, celebrarase na eurocidade Tui-Valença entre o 12 e 15 de outubro. Desta volta, o mercado amosa 12 presentacións de bandas e artistas dos dous países, con propostas musicais de xéneros moi diversos, coma o trad, o folk, o indie ou o punk rock. Os concertso funcionan como mercado para a industria musical e como festival aberto ao público. A parte galega vai achegada por Alana, Amoebo, Os D’Abaixo, Quico Comesaña, Ruxe Ruxe e Su Garrido Pombo e desde Portugal tocarán Cardo-Roxo, Jhon Douglas, Miss Universo, Rogério Cardoso e Surma. O MUMI contará cunha zona profesional situada na Escola Superior de Ciências Empresariais (ESCE) de Valença, na que se debaterá sobre a creación de públicos, as programacións estables ou o management musical. Na Mumi tamén se presentará o documental Na procura do son perdido. A zanfona, memoria da Transición, producido polo Consello da Cultura Galega.

Ligazóns