Festiletras fai chegar o mar ao Couto

A 42 edición do festival reúne esta fin de semana unha enorme oferta cultural

| Santiago. Redacción | Seccións: LinguaSociedade
Compartir:
Festiletras fai chegar o mar ao Couto

Hoxe dá comezo no Couto (Ponteceso) a que será a 42 edición do Festiletras. Este encontro da cultura galega promovido pola Fundación Eduardo Pondal, reunirá ata o domingo unha enorme variedade de representantes da actividade cultural en diversos eidos. O mar será o fío condutor desta edición que reúne ata cincuenta nomes vencellados á música, á lingua, á literatura, ao muralismo, á gastronomía, ás artes escénicas, á artesanía e a outras expresións cutlurais. Baixo a lema ‘Unha lingua para poder amar a mares’ e estará dedicada á protección, coñecemento, tradición e inspiración do mar a través de diversas actividades e encontros.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Eduardo Pondal, Eduardo Pondal, Artes Escénicas, Literatura...