Dezasete asociacións do sector cultural galego ou estatal asinan o manifesto presentado onte nas portas do Teatro RosalÃa de Castro na Coruña e dirixido á polÃtica cultural local do Concello da Coruña. Segundo os representantes de diferentes áreas profesionais do sector, levan agardando máis dun mes por unha reunión coa alcaldesa da cidade, Inés Rey, para trasladarlle as súas preocupacións e descontento con diferentes situacións ocasionadas pola xestión municipal da cultura. Os profesionais denuncian que a cidade carece dun proxecto cultural propio, que teña en conta a cultura de base e proximidade na contra de centrarse en "grandes eventos". Ademais sinalan os problemas económicos derivados da tardanza no pago das facturas por parte do Concello e os recortes que que sofre o sector. Sinalan neste sentido os asinantes deste manifesto ao ente municipal IMCE (Instituto Municipal Coruña Espectáculos) do que din que carece de dirección e persoal suficiente para levar a cabo as súas funcións o cal, segundo o sector comporta un número elevado de facturas pendentes de pago. As asociacións asinantes representan máis dun milleiro de empresas e a moitos profesionais autónomos da música e as artes escénicas a nivel local, autonómico estatal. Moitas son as máis significativas representantes dalgúns dos sectores culturais en Galicia.