Falece o tradutor e profesor Xosé Antón Parada

Traduciu recentemente do acadio ao galego o ' Código de Ḫammurabi'

| Santiago. Redacción | Seccións: NecrolóxicasLiteraturaLingua
Compartir:
Falece o tradutor e profesor Xosé Antón Parada

Aos 72 anos de idade e deixando profundo pesar faleceu onte en Ribeira o escritor, tradutor e profesor Xosé Antón Parada Fernández, natural de Moaña. Doutor en Filoloxía clásica e Mestre en Linguas clásicas no ensino medio no IES Pobra do Caramiñal. Foi recoñecido co Premio Plácido Castro de Tradución por traducir ao galego, desde a súa lingua orixinal, o acadio babilónico, o 'Código de Hammurabi' (Rinocerote Editora, 2022) un dos textos legais máis antigos dos que hai constancia. A sociedade do Barbanza quedou fondamente impactada pola desaparición do profesor, moi coñecido tamén como activista e que foi concelleiro en Ribeira polo Bloque Nacionalista Galego. O funeral terá lugar hoxe ás oito da tarde no Tanatorio-crematorio do Barbanza – Xarás, onde se realizará un acto de despedida.

Que che parece esta nova?
105 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Pedras que saben gardar silencio

Pedras que saben gardar silencio

Remata a intervención arqueolóxica na Corte do Santo (A Pobra do Caramiñal) amosando un espazo complexo e esquivo na información

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barbanza, Plácido Castro, Tradución, Bloque Nacionalista Galego...