Cada ano, desde 2021, a Xunta outorga as Medallas de Ouro de Galicia en torno a un eixo vertebrador que exemplifique un sector, un movemento ou un concepto. Se o ano pasado foi a música a recoñecida, este ano o Goberno Autonómico buscou recoñecer a traxectoria do noso audiovisual e a súa importancia económica, artística e cultural para o noso país. Desde xeito designou como merecentes destes galardóns a dous profesionais e unha institución do sector. Son o actor natural de Cospeito, Luís Tosar, con tres premios Goya; a produtora Zaza Ceballos, da empresa Zenit Televisión; e a Academia Galega do Audiovisual, que xa leva máis de 20 anos de actividade e que organiza os Premios Mestre Mateo do audiovisual galego. O vindeiro día 24 de xullo faráselles entrega das distincións nun acto público, como é tradición.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou en rolda de prensa da aprobación no Consello da Xunta do decreto que concede as Medallas de Ouro de Galicia. Rueda referiuse á distinción de Luis Tosar como intérprete de teatro, cine e televisión que chegou ao máis alto a nivel nacional e internacional converténdose nun "dos artistas galegos máis recoñecidos e coñecidos"; de Zaza Ceballos como unha das "grandes mulleres pioneiras no sector", coa divulgación das figuras históricas femininas galegas desde a pequena pantalla a través da súa produtora Zenit; e do incesante traballo da Academia Galega do Audiovisual a prol do desenvolvemento e visibilidade do sector, dando cabida "a un sector cada vez máis numeroso,cada vez máis potente e cada vez máis referente".
Na glosa de méritos que desde o goberno galego dan dos premiados lembran que Luis Tosar conta cunha traxectoria na que figuran tres Premios Goya, dous Premios José María Forqué e cinco Premios Mestre Mateo. Desde os seus comezos no teatro profesional galego nos anos 90, formando parte de elencos, entre outras compañías, do Centro Dramático Galego, a súa carreira como intérprete non deixou de medrar a través de papeis protagonistas en películas e series desde a súa participación na aclamada Mareas Vivas, de Televisión de Galicia. Algúns dos seus filmes máis celebrados de entre os máis de 60 títulos que ten ás súas costas están Los lunes al sol, Te doy mis ojos, Celda 211, ou os máis recentes El desconocido, Cien años de perdón e 1898: Los últimos de Filipinas. Máis alá do cinema, Tosar liderou o trío cómico The Magical Brothers e o grupo musical Di Elas.
Zaza Ceballos é unha produtora, escritora e directora cinematográfica galega. Estudou Lingua e Literatura nos Estados Unidos e Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Zaza Ceballos foi unha das pioneiras do audiovisual de Galicia desde os seus inicios na Televisión de Galicia, e cos seus proxectos a través da produtora Zenit Televisión SA, coa que desenvolveu entre outros un proxecto que incluía a realización de varias películas biográficas de mulleres históricas e relevantes de Galicia como Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal ou Rosalía de Castro. Esta serie de audiovisuais puxo en valor a figura das mulleres sobranceiras da historia de Galicia achegando á sociedade o seu traballo a prol da igualdade entre homes e mulleres. En 1985 comezou a traballar na Televisión de Galicia, optando a diversos postos de responsabilidade, atendendo a cuestións dos mercados e foros internacionais de MIP, MIPCOM, BBC Showcase, NATPE, LA Screenings, MonteCarlo TV Festival, London Screenings, e proxeccións nos festivais de cine de San Sebastian, Sitges e Munich, entre outros. En 1998 fundou Zenit Televisión, onde é a directora e produtora executiva. Actualmente é profesora de creación no Mestrado de desenvolvemento e distribución de contido audiovisual na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra). Recibiu a Medalla Emilia Pardo Bazán 2021.
A Academia Galega do Audiovisual creouse en 2002 coa participación das principais asociacións profesionais e empresariais do sector que aglutinaban guionistas, intérpretes, directores, realizadores e produtoras co obxectivo de darlles cabida a todos os oficios e profesións dese ámbito. Desde a súa asemblea fundacional, cunha primeira xunta directiva integrada por Ernesto Chao, Ángel de la Cruz, Antón Reixa, Carlos Carballo, Julio Fernández, Manuel Abad, Manuel Manquiña, María Bouzas, Miguel Anxo Fernández e Xosé Cermeño, ata a actualidade, na que é presidida por Álvaro Pérez Becerra e conta con preto de 500 asociados, a Academia ten levado a cabo un incesante labor a prol da difusión e a visibilidade do traballo dos profesionais do sector e da produción cinematográfica galega en xeral. A súa iniciativa de maior repercusión é a celebración dos Premios Mestre Mateo, instituídos en 2003, pero tamén destacan outras como os Premios María Luz Morales o Premio José Sellier, o Premio de Honra Fernando Rey, distintos ciclos de cinema galego dentro e fóra de Galicia ou o impulso de foros e plataformas para o debate de asuntos de interese no avance do audiovisual como parte importante do desenvolvemento cultural e económico de Galicia.