A segunda xeira de Titirivedra achega sete compañías á Cidade do Lérez

O encontro de monicreques celébrase entre os vindeiros 15 e 21 de xullo

11/7/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

Titiricircus. Fonte: Tanxarina.

Cinco compañías galegas, unha portuguesa e unha orixinaria de Alén Miño e residente no noso país, compoñen o programa do II Titirivedra. O ciclo de monicreques de Pontevedra desenvolverase entre o 15 e o 21 de xullo a contar cun total de sete actuacións.

As mil e uma noites, da portuguesa Caricata Teatro abren o program ao luns 15. Seisdedos Marionetas, con O Galo Quirico, Fantoches Baj, que presenta Novos lobos, Mircromina, con Raio de Loubicán e A pita xefa de Alakrán compoñen o programa ata o venres 19.

Danthea Teatro, que achega Polichinela titor de Pierrot e o clásico Titiricircus de Tanxarina completan a programación. Todos os espectáculos están orientados a público familiar e desenvolveranse ás 19 horas na Alameda.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lérez, Pontevedra, Miño, Teatro...

Claves

Conceptos