O Museo das Peregrinacións e de Santiago, situada na Praza de PraterÃas da capital galega preparou unha mostra virtual co gallo das Xornadas Europeas de ArqueoloxÃa 2024 que acolleu. "Desenterrando vitrinas. Ruta arqueolóxica polo Museo das Peregrinacións e de Santiago" nace co obxectivo de resaltar o patrimonio arqueolóxico exposto no museo que en ocasións, pola súa modesta natureza, pode pasar desapercibido. Con este itinerario que xa está na rede pódese coñecer unha importante selección de fondos accesibles ao público na sede expositiva de PraterÃas. A exposición virtual segue o discurso expositivo marcado polo museo, pero nesta ocasión, facendo especial fincapé nos contextos culturais das diversas etapas históricas galegas e das expresións culturais derivadas delas. O percorrido, aÃnda que virtual, comeza na planta baixa do museo, continuando progresivamente ata chegar ao segundo andar e inclúe textos de sala. Tamén pode verse nun formato de "liña do tempo" que comeza no século IV A.C. e chega ata o século XVIII. Gran parte das pezas presentadas nesta mostra virtual contan con publicacións cientÃficas e artigos escritos por especialistas na materia aos que é posible acceder desde a páxina de investigación da web.