No ano 2012 a Asociación Galega de Compositores abriu estre os seus asociados unha convocatoria para a edición de partituras inéditas de música para grupos de cámara. Os obxectivos eran acadar maio proxección en Galicia a este tipo de agrupacións e fornecer o corpus musical con novas obras orixinais e inéditas. Tres anos despois a AGC ven de presentar o froito desa iniciativa plasmado en tres volumes que se dividen segundo o número de instrumentos de vento e/ou percusión para os que están escritas: Dúos e Trios; Cuartetos; Quintetos.
Un total de once compositores asinan as 21 obras recollidas entre estes tres volumes: Manuel Alejandre Prada; MarÃa Mendoza; Mario Diz Otero; X. Carlos Seráns; Xoan Antón Vazquez; Xavier Comesanha; Javier MarÃa López RodrÃguez; Julio Montero, Sergio RodrÃguez; José Javier Ulla Berdullas; Miguel Brotóns. As obras teñen en común unha duración dun máximo de 10 minutos cun nivel de dificultade adecuado aos cursos do Grao Medio e do Grao Superior que se imparten nos conservatorios. A idea da AGC é entregar esta publicacións a todos os conservatorios galegos, para que os alumnos coñezan de primeira man ás compositoras e compositores que forman parte da AGC, e tamén coa intencionalidade de aumentar o patrimonio cultural galego para as vindeiras xeracións de músicos.