O Consello da Cultura Galega presentará esta tarde no Instituto de Estudos Miñoráns en Gondomar dúas publicacións do proxecto Gallaecia Monumenta Historica, que edita fontes documentais medievais. Trátase de Documentos medievais de Santa MarÃa de Baiona (1274-1531) , autorÃa de Xulián Maure (Vigo, 1941), e Os mosteiros de Santa MarÃa de Tomiño e Santa Baia de Donas na Idade Media. Estudo histórico e colección documental, de VÃctor RodrÃguez Muñiz (Ramirás, 1982). A publicación sobre Santa MarÃa de Baiona presenta 55 documentos en galego que dan conta da actividade, xestión, foros, vendas e doazóns vinculadas a esta igrexa, desde 1274 ata a perda do galego notarial en 1522. Da outra banda, Os mosteiros de Santa MarÃa de Tomiño e Santa Baia de Donas na Idade Media abordan a interesa colección destas dúas abadÃas paralelas na súa evolución histórica e que acabaron rexidas por unha única abadesa. As dúas publicacións xa se poden descargar na rede.