A localidade de Maniños, en Fene, acolle este 14 de xuño a I Xornada Literaria do Pote, dedicada a pór en valor o talento literario comarcal. O encontro, que toma o nome da popular romaría do lugar e da asociación cultural local, iníciase ás 19 horas coa apertura dunha feira na que se poderán atopar obras da vintena de autoras e autores que participan do encontro.
Canda a sesións de sinaturas das persoas participantes, o programa inclúe un coloquio sobre 'Literatura en Ferrolterra', que contará coa participación de Teresa Cameselle, Pablo J. Rañales e Mariola Hermida. Ás 21 horas Pedro Feijoo presentará o seu último traballo, Ninguén contará a verdade, acompañado do autor Rober Cagiao.
A listaxe de firmas participantes inclúe a demais Teresa Cameselle, Pablo J. Rañales, José Ángel Varela, Sabela Cagiao, María Nieto, Raquel Villanueva, M.ª del Mar Muñiz, Micaela Barbeito, Juan Galán, Xosé Fernández, Miguel Gacio, Antonio D´Tenerife, Rubén Pedreira, Sara G. Veiga, Andrea Martínez, Cova P.L., Isabel Ramos e as fenesas Mariola Hermida e Matilde Castro. O Concello de Fene, a SCRD O Pote de Maniños e Aetna coa colaboración da Asociación Galega de Escritores e a Imprenta Sanesteban organizan este evento.