Unha xornada dedicada á poesía abre na tarde deste 11 xuño a cuarta xeira de Vilagarcía, Cidade do Libro. O encontro literario que organiza o Concello desenvolverase ata o vindeiro 16 de xuño a contar con vinte e dúas autoras e autores estatais e de Galicia, entre os que se contan os Premios Planeta Lorenzo Silva e Javier Sierra.
Nativel Preciado, Ángel Martín, Arantxa Portabales, Manuel Jabois, Manel Loureiro, Ángela Banzas, Ramón Guinarte, Anán Abdabalah, Montse Fajardo, Pedro Feijóo, Rober Caggiao, Alfonso Armada, Antón Castromil, Xavier Alcalá, Ulises Bértolo ou Noemí Trujillo fan tamén parte da listaxe de persoas convidadas ao encontro. Os creadores de BD Afra Torrado e Manel Cráneo, canda aos autores líricos Lúa Mosquetera e Ismael Ramos completan os nomes participantes.
Os xornalistas Susana Pedreira e Carlos Crespo encargaranse de guiar as Conversas no Solpor, encontros diarios cun grupo de autoras e autores, que marcan o eixe principal desta cita. O programa mantén propostas como O Recuncho dos Contos, dedicado á literatura oral, o Literatour, xincana literaria escolar que traballará a figura de Luís Villalta, ou os postos que reunirán cinco librarías locais, dúas editoriais e unha asociación.
Actuacións escénicas e musicais como o espectáculo Indóciles, con Nuria Vil, Vero Rilo e Mónica de Nut, o espectáculo de Títeres Cachirulo Camiño de aventuras, obradoiros ou presentacións completan o programa desta iniciativa.