O Día Europeo da Música, o vindeiro 21 de xuño, celebrarase na capital galega cunha dupla programación institucional. Por un lado a Xunta levará á Cidade da Cultura de Galicia cun acto aberto ao público unha actuación moi especial de Budiño. O músico de Moaña presentará o seu último disco 'Branca Vela' acompañado para a ocasión dun elenco de novas voces e talentos do neo-trad galego. A guitarra, o acordeón, a percusión tradicional, os arranxos electrónicos e as voces de Tania Caamaño, Mónica de Nut, Fran Barcia e Andrés Boutureira virán a sumarse a Budiño neste espectáculo que promete facer bailar a públicos de todas as idades a partires das 21:00 horas no Gaiás.
Desde un par de horas antes nese mesmo Día Europeo da Música no Parque Vista Alegre de Santiago a Fundación SGAE celebra a quinta edición do festival Acento coa que aproveita o día para facer escaparate da escena musical galega máis actual. A partires das 19 horas na terraza da sede da SGAE no parque con acceso aberto haberá cinco actuacións que serás de Carlos Ares, De Vacas, Abraham Boba, Gargantúa e Carolina Rubirosa.
A efeméride tamén terá celebración en Vigo coa Orquestra Clásica da cidade, que dará un concerto da Concatedral de Santa María aberto ao público, previa retirada de invitación. A orquestra ofrecerá unha proposta musical que aborda o período estilístico de tránsito entre o clasicismo e primeiro romanticismo. O programa dará comezo coa finta semplice, abertura composta por W. A. Mozart, obra que dará paso ao Concerto para guitarra e orquestra n. 1, Op. 30 composta polo italiano Mauro Giuliani, artista cunha produción artística dacabalo entre o clasicismo e o romanticismo austríaco, ofrécenos un dos concertos máis importantes escritos para este instrumento. Este concerto pecharase interpretando a Sinfonía en Sib maior Op. 18 Nº 2, de Johan Christian Bach.