Dj Budiño e Mc Blanco

O músico moañés xira con Carlos Blanco no espectáculo iLalelo

8/3/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Cartel de iLalelo

Da gaita aos pratos, Xosé Manuel Budiño muda de terzo e pásase á música electrónica. O artista de Moaña forma dúo con Carlos Blanco en iLalelo, un proxecto no que se mestura música e humor. Monólogos a ritmo de rap que fan cantar ao público e nos que se mestura o texto preparado con cuestións centradas na actualidade e vencelladas a cada lugar onde chega a actuación.

A orixe deste proxecto está en 2003, cando Carlos Blanco improvisou un rap durante unha actuación de Budiño en Ortigueira.

Logo de estrear o formato en Ferrol e en Bueu, o pub Puticlú da Coruña acolle o día nove a seguinte actuacón. A xira ten as seguintes citas no Clavicémbalo de Lugo e o 16 de marzo no Liceum do Porriño, para continuar polo Grove, Cerdido ou Celanova, entre outras localidades.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Budiño, Carlos Blanco, Espectáculo, Manuel Budiño...