A Coruña acolle a primeira edición do festival 'Aquí tamén se fala'

Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria fan parte do programa para o día 7 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A Coruña acolle a primeira edición do festival 'Aquí tamén se fala'

A campaña de normalización lingüística 'Aquí tamén se fala', que promove o IES Plurilingüe Rafael Dieste da Coruña, dá un novo paso. Este 7 de xuño a praza da Concordia da Cidade Herculina acolle a primeira xeira do "festival de música contemporánea galega" que reúne a catro grupos que cantan na nosa lingua a partir das 17 horas con entrada de balde.

Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria compoñen o programa da primeira edición do festival 'Aquí tamén se fala', que se desenvolve por iniciativa do IES Rafael Dieste con apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística e da Deputación da Coruña. A campaña de dinamización conseguiu desde o pasado mes de decembro de 2023 a adhesión de douscentos centros de ensino de todo o país e preto de 50.000 estudantes.

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Boyanka Kostova, Grande Amore, Rafael Dieste, Normalización Lingüística...