O Revenidas pecha cartel incorporando máis nomes galegos

O festival de Vilaxoán ofrece un variado escaparate da música actual en galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
O Revenidas pecha cartel incorporando máis nomes galegos

O Festival Revenidas, que se celebra do 7 ao 11 de setembro en Vilaxoán, ven de completar o seu cartel conformando un escaparate da música en galego como peche do verán de festivais. As recentes incorporacións de Sés, Ortiga, Grande Amore, Caamaño & Ameixeiras e The Rapants, súmense a outros artistas xa anunciados como Monolious Dop, Boikot, Lendakaris Muertos, Tanxugueiras, Baiuca, Dakidarría ou os portugueses Plectro. Ademais,, dentro do seu programa de actividades paralelas o Revenidas pechou o cartel dos Concertos a bordo, nun pequeno barco na ría e cun aforo máximos de doce persoas. Serán o sábado 10 e o domingo 12, tres cada día. Os do sábado terán como protagonistas a Antía Muíño, Xabier Díaz, e Grande Amore , mentres que o domingo serán Guadi Galego, Boyanka Kostova e Cardalda e Dopico.

Que che parece esta nova?
94 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Revenidas, Grande Amore, Antía Muíño, Xabier Díaz...