Máis de 400 números de xornais antigos editados en Caldas de Reis ou "de interese para a localidade" veñen de ser dixitalizados e son xa de consulta libre e aberta en internet grazas á colaboración da Biblioteca Municipal MartÃnez Ferro da vila caldense e 'Galiciana', a Biblioteca Dixital de Galicia. Trátase en total de 413 números de 7 cabeceiras de prensa antiga de entre 1886 e 1919, que fican fisicamente na Biblioteca Municipal MartÃnez Ferro da localidade pontevedresa e que foron obxecto dun proceso de dixitalización que comezou o 30 de outubro do ano pasado e remataron recentemente co arquivo dos documentos na web de Galiciana para acceso público. As cabeceiras xornalÃsticas das que se fixeron estas dixitalizacións agora incorporadas son 'El Demócrata: semanario republicano', 'El Umia: periódico semanal de intereses generales', 'Fray Prudencio', 'La democracia: semanario republicano', 'La Justicia', 'El mirlo blanco: periódico católico social', 'La Defensa', 'Voz del pueblo: periódico defensor de los intereses de la comarca', e 'La Provincia: Semanario popular independiente'.