
A través do repositorio de Galiciana-BDG difundiranse tanto os obxectos dixitais xa realizados e custodiados pola Biblioteca de Galicia, como os de nova creación proporcionados pola Deputación de Ourense. A finalidade será a de mellorar o acceso ao contido de dita publicación e lograr a súa preservación. Por medio deste acordo, a Deputación de Ourense, como titular do dereito exclusivo á explotación e difusión dos números de La Región desde 1910 ata 2006, permitirá á ConsellerÃa de Cultura exercer os dereitos de reprodución e comunicación pública a través de Galiciana-BDG de todos os números de La Región que foron ou serán obxecto dun proceso de dixitalización sistemática.
Compromisos de dixitalización, intercambio e difusión
Neste sentido, a Deputación de Ourense comprométese a levar a cabo proxectos que impliquen a dixitalización, asignación dos metadatos e xeración dos formatos de imaxe para a preservación e difusión na Internet de todos os números da súa colección en papel que estean comprendidos no rango cronolóxico que vai desde 1957 a 2006. Tamén realizará recursos dixitais accesibles dos números orixinais publicados no ano 1946, dos que non existe dixitalización nos depósitos da Biblioteca de Galicia. No marco deste convenio, a Deputación de Ourense facilitará a ConsellerÃa unha copia en disco duro dos recursos dixitais procedentes do escaneo e tratamento bibliográfico de La Región a medida que vaia avanzando na dixitalización sistemática dos números publicados en 1946 e entre os anos 1957 a 2006. Os técnicos da Biblioteca de Galicia realizarán as importacións deses novos obxectos dixitais a Galiciana-BDG e coordinaranse coa Oficina da Memoria Dixital de Galicia para que incorporen o formato de preservación ao repositorio destinado a este fin. Pola súa banda, a ConsellerÃa de Cultura comprométese a entregar á Deputación de Ourense unha copia en disco duro USB 3.0 de todos os recursos dixitais dos números de La Región que custodia a Biblioteca de Galicia. Trátase da dixitalización dos números que se publicaron entre 1910 e 1945 e de 1947 a 1956.