O COAG escolma o máis notable da nova xeración de arquitectos galegos

Presenta a mostra en liña "Nova Arquitectura Galega 2024"

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Tribuna Pública. Praza da Fábrica de Tabacos (A Coruña)  Juan Miguel Salgado Gómez | Luis Manuel Santalla Blanco | Alba González Vilar

Tribuna Pública. Praza da Fábrica de Tabacos (A Coruña) Juan Miguel Salgado Gómez | Luis Manuel Santalla Blanco | Alba González Vilar

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) presentou a mostra en liña "Nova Arquitectura Galega 2024", coa que quere simbolizar "unha nova xeración que está chamada a definir os trazos da arquitectura galega do futuro". Son 30 traballos e nomes que se define por "modos de traballo abertos e transversais xunto con temas máis pegados á escala do pequeno e diverso". O xurado seleccionou traballos executados tanto en Galicia como no exterior, que se definen por atender ao "sostible, social á escala e ao respecto pola xeografía". O xurado tamén destacou a "lectura preocupada polo bo facer construtivo, a atención ao detalle e pola perseverancia reflexiva no tectónico, incluso nos proxectos aínda non construídos. Isto é algo pouco habitual noutros contextos, e leva a enlazar a súa actitude coa tradición propia da Galicia recente e pasada".

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, COAG, Xeografía

Claves

Entidades