MetaGenesix: a nova arquitectura galega invade Lisboa

Exposicións e conferencias presentan á Xeración X entre hoxe e mañá na capital lusa

| Santiago. Redacción | Seccións: Arquitectura
Compartir:
MetaGenesix: a nova arquitectura galega invade Lisboa

Defínense como unha xeración "alternada e alternante, formada maioritariamente en Galicia" que defende "unha arquitectura de proximidade que asume as limitacións propias do momento", e que decide tomar os proxectos de difusión pola man ante a "inactividade da comunicación da arquitectura galega". Así se presenta o proxecto Metagenesix.10 estudos de arquitectura presentan 20 traballos en espazos lisboetas, alternándose con mesas redondas nas que todos estes arquitectos, nacidos na década dos 70, reflexionan ao redor de espazos, hábitats e prácticas. ERBA, Castroferro, Arrokabe ou Ansede Quintáns son algúns dos estudos que participan nesta gran festa da arquitectura galega en Portugal. Todo isto, hoxe e mañá en Lisboa.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, Lisboa, Exposicións, Portugal

Claves

Lugares