Carmen Jiménez substitúe a Silvia Longueira á fronte a Fundación Seoane

Ocupará a dirección de xeito provisorio ata a vindeira convocatoria dun concurso para o posto

Ocupará a dirección de xeito provisorio ata a vindeira convocatoria dun concurso para o posto
A Comisión Executiva da Fundación Luís Seoane aprobou este 21 de maio o nomeamento transitorio de Carmen Jiménez Jiménez como directora da entidade. Así o apuntou o Concello da Coruña nunha nota a que apunta que esta experta en conservación e restauración do patrimonio ocupará o cargo ata a elección da nova dirección nun concurso previsto para os vindeiros meses.

Segundo sinala o Concello, Jiménez, experta en conservación e restauración do patrimonio, compatibilizará a coordinación da Fundación co seu labor actual como conservadora na mesma.

A directora provisional, formada en belas artes e cun posgrao en Patrimonio e Xestión de Bens Culturais, desenvolvera tarefas de inventariado da obra non gráfica de Seoane a demais de múltiples traballos de restauración. Entre 2017 e 2019 coordinou a Casa Museo Picasso da Coruña e comisariou máis de 15 exposicións nacionais e internacionais.