O festival internacional de cinema Play-Doc de Tui xa ten todo preparado para celebrar a súa vixésima edición entre os vindeiros días 1 e 5 de maio. Ao longo de varias semanas o festival foi dando a coñecer algúns avances da súa proposta para este ano. Sete filmes participarán na súa sección oficial internacional, entre os que destaca o traballo póstumo de Jean-Luc Godard, 'Film annonce de film qui n'existera jamais:"Drôles de guerres"' (Francia, 2023). O festival, que se destaca por presentar primeiras retrospectivas dedicadas a aclamados cineastas e directores de culto, anunciou tamén entre outras, unha revisión da pouco coñecida obra documental do recentemente desaparecido William Friedkin (1935-2023), un dos realizadores máis influentes de todos os tempos e autor dalgunhas das películas máis emblemáticas do cinema contemporáneo, cuxos orixes como cineasta estiveron ligados ao cinema documental. A tradicional sección competitiva galega propón a través de trece títulos (entre longametraxes e curtametraxes) un percorrido caracterizado pola diversidade de propostas, tanto no formal como no temático.
O programa da sección galega tenta tender pontes entre a memoria histórica e o presente, a través de temáticas como os lazos familiares, a narración oral, a ecoloxía e as historias de inmigración e emigración. A conexión coas orixes faise presente na maioría dos filmes seleccionados, que buscan reforzar os lazos co pasado a través de historias, mitos e supersticiones, coa familia como protagonista de moitos deles. Entre as películas que poñen o eixo na memoria histórica e familiar, están '12 de Maio 1937', de Mar Caldas; 'O auto dás animas', de Pablo Lagos Dantas; 'Os espazos en branco', de Bruno Arias; 'Queimar cando morra', de Inés Pintor e 'Segunda II', de Anita Pico. O pasado cobra vida no presente en 'Aurora', de Area Erina; 'Corre o vento', de Paula Fuentes e Guillermo Cabrera; 'Pechar caixas abrir caixas', de Hugo Amoedo e 'Viaxar aos teus recordos é buscar pelexa', de Daniel Pérez Silva. No camiño máis experimental ou próximo ao ensaio fílmico percorren os dous films de Xacio Baño, 'Non che vexo' e 'Platónico, platónica'; 'Lavadoiro', de Anna Amado e Lois Patiño e 'Salvaxe, salvaxe', de Emilio Fonseca Martín, un ensaio fílmico que cuestiona a relación entre os humanos e a natureza.
Unha recuperación do talento fílmico de Antonio Román
Ademais de todo iso o Play-Doc de Tui presenta a sección Sombras, un espazo co que o festival abre á memoria do cinema que aquí e antes fíxose con tanto empeño e talento. Películas que son pegadas dun pasado e que traen á pantalla a obra de cineastas que nos merecemos lembrar. O ciclo comeza coa figura do ourensán Tony Román, máis coñecido como Antonio Román (1911-1989), que pasaría á historia do cinema español como un dos principais representantes do primeiro cinema franquista. El dirixiu algunhas daquelas películas dos anos corenta como 'Escuadrilla' ou 'Os últimos de Filipinas', feitas a maior gloria do novo réxime, pero tamén 'Canto de emigración. Romance en imaxes sobre motivos galegos' (1935), un filme hoxe desaparecido que foi a primeira película profesional de Román. Inspirada nun debuxo de Castelao, a película contaba o drama da emigración galega emulando aos grandes cineastas soviéticos como Einsenstein. Cos materiais dispoñibles hoxe o Play-Doc pretende presentar unha evocación do que puido ser ese filme. Revisarase tamén nesta sección un clásico do cinema galego 'O carro e o home', documental etnográfico rodado en 1940 en terras de Lobeira, que se centra na vida rural galega e en particular no traballo cos carros e que contou con guión e produción de Xaquín Lorenzo 'Xocas'. A obra de Tony Román presentarase en dobre sesión, ambas as comentadas e conducidas polo recoñecido guionista e produtor galego Pepe Coira.
Xunto á súa variada programación cinematográfica, o Festival Internacional de Cinema Play-Doc, que se realizará entre o 1 e o 5 de maio en Tui, Galicia, contará cunha serie de actividades e eventos especiais que inclúen espectáculos de cinema e música en directo, clases maxistrais, talleres, seminarios e os xa clásicos Cinema Percorridos a través da cidade. A propia inauguración do Play-Doc o 1 de maio contará cun espectáculo de cinema e música en directo no que o músico tudense Víctor Coyote e Javi Álvarez revisitan a película de José Luis Garci protagonizada por Alfredo Landa 'El crack' (1981), película pioneira do cinema negro español. A partir de fragmentos do filme, os artistas experimentan e constrúen unha obra nova que conserva a alma sórdida e costumista da orixinal. O programa completo deste XXº Play-Doc e todas as súas actividades está xa dispoñible no web do evento.