A asociación cultural PiñeirÓns leva editando desde 1999 a revista Aunios, na que reúnen investigacións e textos ao redor da cultura das RÃas Baixas, moitas veces centrados na historia do arquipélago das illas Ons. O seu último número ata o momento, o 29, engade artigos artigos sobre o mito da Santa Compaña, o traballo agrario con bois e posteriormente vacas na illa ou a interpretación dun interesante mapa da illa de Ons de principios do século XIX recentemente dixitalizado pola Biblioteca Virtual do ministerio de Defensa. Tamén Arturo Sánchez Cidrás achégase aos medios de transporte para chegar á illa e un artigo defendendo que os futuros usos do faro de Ons teña un sentido cultural e non hostaleiro. A presentación da revista será hoxe, venres, ás 20.20 h. na Sala das Cunchas do concello do Grove.