Xan Leira estrea un documental sobre o artista Ángel Lemos

Estréase este serán na Estrada ás 20.30 h.

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Xan Leira estrea un documental sobre o artista Ángel Lemos

O realizador audiovisual Xan Leira estrea esta tarde ás 20.30 horas nos Minicines Central de A Estrada a película documental Ángel Lemos. A paixón creativa, na que afonda na vida, obra e proceso creativo deste artista vigugués que rematou afincado na Estrada. Lemos foi un artista plástico que participou no bando republicano da guerra civil e logo exiliouse na Arxentina ata o seu retorno a Galicia en 1977. A película documental de Ángel Leira pretende recuperar a memoria deste pintor que, co paso das décadas, ficou en certo esquecemento. A estrea está promovida pola Asociación Cultural Vagalume e Memoria Documental de Galicia.

Que che parece esta nova?
93 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Lemos, Xan Leira, Guerra Civil...