Prado Rúa achégase á Galicia medieval coa webserie Conexión co Reino

O proxecto aborda cuestións como as feiras, a lírica ou o Camiño de Santiago

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Prado Rúa achégase á Galicia medieval coa webserie Conexión co Reino

As redes sociais da produtora Brava acollen os oito capítulos da serie Conexión co Reino. A comunicadora Prado Rúa protagoniza esta produción na que aborda diferentes aspectos do Medievo no noso país.

O proxecto, que recibiu un apoio de 10.000 do II Fondo de Proxectos Culturais Reino de Galiza da Deputación da Coruña, trata cuestións como as feiras ou a roupa da Idade Media, o desenvolvemento do Camiño de Santiago nesta época ou a lírica medieval.

Os capítulos, orientados a público novo, trazan paralelismos entre a vida medieval e a actual, a falar dos trobadores como os rapeiros dos nosos días, do machismo nas cantigas ou a indagar nos estilos de vestir propios do momento. A produción está dirixida e guionizada por Belén Puime e conta con Álex Tajuelo na montaxe.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camiño de Santiago, Idade Media, Deputación da Coruña, Medios de comunicación