Silvia Longueira deixa a dirección da Fundación Seoane

Solicitou unha excedencia no posto para se incorporar ao seu escano no Parlamento de Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Silvia Longueira deixa a dirección da Fundación Seoane

A directora da Fundación Luís Seoane, Silvia Longueira, elevou ao padroado desta entidade a solicitude dunha excedencia do seu posto. Longueira, que foi elixida como deputada do Parlamento de Galicia polo PSdeG nas últimas eleccións autonómicas, prevé se dedicar en exclusiva ao seu labor político, polo que deixará de exercer os labores de coordinación da entidade coruñesa.

A excedencia, no entanto, non supón unha renuncia, polo que a actual directora podería retomar o seu posto con posterioridade. O padroado da Fundación deberá tomar unha decisión sobre esta solicitude nunha xuntanza que se desenvolverá nos vindeiros meses, pero a lexislación ampara a solicitude de actual directora.

Longueira, que ocupa o posto desde 2004, xa solicitara unha excedencia de tres anos no posto cando ocupou a concellería de Servizos Sociais na Coruña. En 2013 o goberno municipal do PP, dirixido por Carlos Negreira, despediuna a alegar falta de confianza, pero unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza obrigou á súa readmisión en 2016.

A directora, segundo asegurou, deixou de recibir prestacións económicas da Fundación desde o momento en que realizou a súa solicitude.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Parlamento de Galicia, Fundación Seoane, Luís Seoane, Fundación Luís Seoane...