David Barro abandona a dirección da Fundación Seoane

Solicita rescisión do seu contrato por incumprimento

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A anormal situación da Fundación Seoane, con dous directores en activo, semella estar a piques de se rematar. David Barro, director xerente desta entidade, acaba de anunciar a súa intención de abandonar o cargo, e solicita a rescisión do seu contrato a alegar incumprimento. Barro, que gañara o posto nun concurso público, tivera que compartir a xestión do centro coa anterior directora, Silvia Longueira, logo de que diferentes sentenzas xudiciais, a última do Tribunal Supremo do pasado mes de febreiro, considerasen nulo o seu despedimento. Barro sinala nun comunicado a "imposibilidade de convivir compartindo a dirección" con Longueira, ademais de denunciar "inxerencias políticas nos últimos meses por parte do Presidente do Padroado", José Manuel Sande García, quen segundo asegura Barro, "encargou ou autorizou á directora unha serie de actos e exposicións sen a aprobación previa dos membros do padroado" e sen a súa propia. A maiores, Barro lamenta a mala situación económica da Fundación, lastrada pola situación irregular da dirección e cuns fondos que se viron recortados no último orzamento municipal.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Barro, Fundación Seoane, Exposicións, Tribunal Supremo

Claves

Protagonistas
Conceptos