A Fundación Seoane abre o proceso para elixir nova dirección

Os interesados en substituir a Silvia Longueira poden concorrer ata o 17 de xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Logo do cesamento de Silvia Longueira á fronte da Fundación Luís Seoane, a entidade iniciou esta semana o proceso para procurar unha nova persoa para o posto de dirección. A convocatoria, aberta desde o pasado 22 de decembro e ata o 17 de xaneiro, está aberta a licenciados en Historia da Arte, Xeografía e Historia ou en titulacións equivalente con experiencia na xestión de museos ou centros culturais. Ademais, pídese dedicación exclusiva e valórase o coñecemento da obra de Luís Seoane e na arte contemporánea.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luís Seoane, Fundación Seoane, Xeografía, Museos...