Dez poetas de diferentes idades, que escollen versos de Celso Emilio Ferreiro para conversaren con eles a partir das súas propias creacións, explorando as relacións entre poesÃa e sociedade. Asà será o acto co que a Real Academia Galega conmemorará o DÃa Mundial da PoesÃa, o vindeiro 19 de marzo, na Fundación LuÃs Seoane na Coruña ás 19 horas. Os poetas participantes serán Anxo Angueira, RosalÃa Fernández Rial, Ana RomanÃ, Oriana Méndez, Chus Pato, Ismael Ramos, Alfonso Pexegueiro, Rafa Vilar e Marilar Aleixandre. A proposta escollida pola RAG xustifÃcase, segundo a coordinadora do evento, MarÃa López-Sández, pola conexión "coa tradición da literatura galega e tamén cun momento convulsivo a nivel global, marcado por dilemas éticos, bioéticos e conflitos bélicos nos que semella pertinente preguntarse de novo sobre “a potencia da palabra poética e a súa capacidade para erguerse como protesta e, talvez, aspirar a mudar as cousas". Sández lembrou a importante presenza da poesÃa social en Galicia, con figuras como Curros EnrÃquez, Ramón Cabanillas ou o propio Celso Emilio Ferreiro. O acto será transmitido en directo en liña.
Segue o evento
Segue o evento