O debuxante, dinamizador no campo da novena arte e responsable de Demo Editorial, Manel Cráneo, será o encargado de dirixir Viñetas desde o Atlántico. Diferentes medios locais recollen este 7 de marzo, a citar fontes municipais, a remuda á cabeza do histórico festival de banda deseñada da Coruña, que celebrará neste 2024 a súa vixésima sétima edición.
Cráneo colle a remuda de Miguelanxo Prado, histórico director do evento, logo de que o evento se celebrase sen dirección en 2023. Prado anunciara a súa renuncia á fronte do festival pola conxelación do orzamento previsto para o mesmo por parte do concello e as dificultades para manter a programación habitual.
O novo director é responsable do proxecto Coruña Gráfica, que co apoio do concello dá a coñecer o traballo de artistas da ilustración, a banda deseñada, o humor gráfico e a animación da área metropolitana herculina mediante diferentes publicacións, obradoiros e actividades.
No marco dese proxecto, Cráneo xa estivera implicado na organización da última edición de Viñetas a comisariar unha exposición de artistas locais e xestionar diferentes obradoiros. De xeito previo xa coordinara actividades paralelas noutras edicións do evento entre 2012 e 2016.
Como autor de BD, o novo responsables ten asinado obras como Destino Hërgüss A fraga Milmañas, Os lobos de Moeche ou Cousas de mortos, ademais de presentar, aÃnda en 2023, Cinza, adaptación da novela de Xavier Alcalá A nosa cinza. Ademais foi presidente da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración e videpresidente da Federación de Asociacións de Ilustradores Profesionais estatal. Desde 2008 dirixe o selo Demo Editorial, un dos puntais da edición de banda deseñada de autorÃa galega no noso paÃs.
Polo momento o novo director non quixo adiantar as liñas que seguirá o festival baixo o seu mandato.