A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial está a definir a súa estratexia para o novo proceso fronte a UNESCO. Entre as liñas, xunto coa potenciación do elemento da auga, está o de desenvolver unha "estratexia de participación veciñal". Para iso, realizarase unha xornada o 9 de marzo na Casa Grande de Rosende, no que se "retomará contacto con axentes sociais e que será seguida dunha serie de actividades nos vindeiros meses". Na xornada Mario Crecente e Cipriano MarÃn falarán sobre o estado actual e futuro da candidatura, mentres que Xosé Gago dará a coñecer a nova estratexia de participación social da candidatura, da que é coordinador. Na xornada haberá dúas sesións participativas que terán como obxectivo "informar ás persoas e colectivos presentes, e recoller as primeiras impresións e suxestións". O acto virá acompañado ao final da tarde cunha visita á Casa Grande e un concerto a cargo de Lideira. A convocatoria está aberta ao público, tanto veciños como as diferentes entidades da comarca. Os organizadores agradecen a inscrición a través de WhatsApp no teléfono 641957526 ou por correo electrónico no enderezo participaribeirasacra@gmail.com