Desde este 29 de febreiro está dispoñible en tendas e plataformas dixitais Axúdame a sentir, o novo disco de Xabier Días e Adufeiras de Salitre. O álbum de once temas, supón unha renovación nos sons deste proxecto, coa incorporación de baixo ou guitarra eléctrica, novos tons na percursión e unha maior carga de creación propia nas letras, que manteñen as habituais formas de raíz.
Os once temas do álbum marcan o reunión de Díaz coa formación da Adufeiras logo do seu álbum en solitario Levantarse e caer, de 2022. Segundo apunta a presentación do proxecto "a nosa casa é un torreiro e tamén a platea dun teatro ou as mesas dunha baiuca. O que acontece nun concerto é algo único e irrepetible: extínguese ao pechar o pano, mais á súa vez, é unha chama que prende e segue quentando o noso peito durante moito tempo. Ás veces acompáñanos toda unha vida". O proxecto conta coas voces convidadas da folclorista asturiana Marta Elola e mais da cantadora tradicional Teresa dos Cucos, da Costa da Morte.
O Auditorio Mar de Vigo acolle este 9 de marzo o concerto que dá inicio á xira de presentación do novo traballo. Ourense o 22 de marzo, Santiago de Compostela o 13 de abril e A Coruña o 14 son as seguintes paradas previstas no noso país.