O Concello de Pontevedra daba a coñecer este 20 de febreiro o programa do Salón do Libro, que celebra nesta xeira o seu vixésimo quinto aniversario. A conmemorar a efeméride, a organización do evento preparou unha intensa programación que chega ás 150 actividades abertas ao público ás que se suman outras tantas orientadas a centros de ensino.
Segundo adiantou o concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez, entre as primeiras cóntanse "47 obradoiros, 38 contacontos, 21 espectáculos e concertos para todos os públicos e ademais cinema, Rodalibros, camiñadas, faladoiros, exposicións, etc.". Coa maxia como eixe temático, a xeira desenvolverase en diferentes espazos da cidade co Pazo da Cultura como sede principal entre os dÃas 1 e 17 de maio.
Cataluña é a cultura convidada nunha edición na que participarán narradoras como Alicia Molina e Sherezade BardajÃ, autoras como Susana Peix e ilustradores como Dani Torrent. O programa explora tamén a conexión galego-catalá con nomes como Eduard Velasco, Pere Tobaruela, Rena Ortega ou EstefanÃa Padullés.
No programa destaca o espectáculo de inauguración 25 anos de maxia: faiado dos contos que foron ou poderán ser, coordinado Manuel Albariñas e que contará co Ballet de Galicia, o Coro do IES A Xunqueira I, Su Garrido Pombo ou Magia en la Manga. O Rock Lab e a Orquestra Sinfónica de Pontevedra correrán co concerto de clausura, un recital titulado Rockus Pocus.
Entre as novidades da xeira está a programación de proxeccións de cinema os domingos pola mañá no Teatro Principal da cidade. Acorde co eixe temático da edición, o programa contará coa presenza de once ilusionistas de diferentes estilos, con nomes como o mago Paco, o mago Teto, Javier Muro, Pedro Volta ou a maga Fani que achegarán 9 espectáculos diferentes. Ademais, un roteiro o dÃa 16 reivindicará a pegada dos pastequeiros, esconxuradores tradicionais da comarca, nas rúas da cidade.
Precisamente Teto estreará no evento a súa proposta SinfonÃa Máxica coa Banda de Música de Salcedo. Outras estreas previstas para o Salón son o espectáculo de música e danza para bebés Animais encantados de Sonsoles Penadique e Carla Cecilia Riquelme, Descubrindo magas de Raquel Queizás, Menú máxico de contos de Cris de Caldas e Xabi do Camiño ou O chintófano de Dorothé de Sonsoles Penadique. Andrea Fernández, responsable do centro La Platanera, correu co cartel desta xeira.